Pedro Gómez-Valadés abre unha fiestra “contra a satanización de Israel”
Publicado por sergioxer en Abril 5, 2007
Pedro Gómez-Valadés é unha persoa que dende o seu blog contribue á defensa de Israel e a dar unha imaxe máis real do que está a suceder por aquelas terras. É responsable do BNG da Área Comarcal de Cultura e Lingua en Vigo. Recentemente ten sido obxecto de persecucións do Partido por pertenza a una ascoiación proxudea.
Nesta entrevista o noso interese non vai abondar nos problemas políticos que ten tido, e dos que foron reflexo os artigos pubricados nos diarios La Voz de Galicia e La Opinión (A Coruña). Senon, e tal e como é o interese deste blog, pola situación de Israel. Non obstante, conste que o apoio a Gómez-Valadés é absoluto, xunto coa crítica o BNG por por límites á liberdade de pensamento dunha persoa, seña da ideoloxía que seña. Se os comentarios se acompañasen de razóns… (qué tempos aqueles nos que falar dos xudeus era de “progres”, e dos kibutz, etc.).
¿Qué é Galiza-Israel?
GALIZA-ISRAEL é un blog que pretende achegar información alternativa ao que de cotío recibimos e que case sempre non é outra cousa que propaganda. GALIZA-ISRAEL pretende ser unha fiestra aberta contra a satanización de Israel
¿Cómo ve o futuro de Israel tras o cumio de Liga Árabe en Riad?
O impasse no que se atopa a día de hoxe o conflito é, non o esquezamos, froito da actitude intolerante e fanática de HAMAS que non só non acepta recoñecer a lexitimidade da existencia do Estado de Israel senón que incluso mantén secuestrado un soldado israelí dende o verán do 2006.
¿Ve correto o troco de terras por paz?
Israel e Palestina teñen que convivir xuntos e o antes que as dúas partes o asuman, antes poderemos asistir á resolución do confluito. En Camp David Israel fixo unha oferta seria que a parte palestina rexeitou e tería conlevado a existencia xa dun estado Palestino en Gaza, Cisxordania e Xerusalén leste. Só a irresponsabilidade histórica de Arafat deu ao traste con esa impagable oportunidade. (Engadiu este documento).
¿Cómo ve o futuro dos refuxiados?
O drama dos refuxiados é utilizado coma unha arma máis contra Israel. A solución viña inxerida nun acordo global que contemple tamén aos 600.000 refixiados xudeus expulsados dos estados árabes após 1948 e que tiveron que fuxir deixando todo. A diferenza cos refuxiados palestinos estriba en que os refuxiados xudeus foron integrados na sociadade israelí. Lembrar que a maior matanza da historia de refuxiados palestinos foi causada no setembro de 1970 por Xordania. (Engadiu este documento).
¿Pertence a algunha institución pro xudea galega?
Son membro da ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL, Apartado de Correos 730 – 36200 Vigo.
Correo-e: agai_galicia_israel@yahoo.es
www.amizadeconisrael.org